ACTIVIDADES:

BLUES A BORDO

Viaxes en barco con blues a bordo a cargo da Fisterra House Band. 

Saídas desde o porto o sábado 15:

12.30 h

18.00 h

Prazas moi limitadas. Reservas aquí: crucerosfisterra@hotmail.com (15€)

MESA REDONDA

Sábado 16 (19.00h): Castelo de San Carlos

Con Eugenio Moirón, Joseba Lebrancón e Quique Gómez: “A recepción do blues a este lado do Atlántico”). Modera: Javier Turnes.

JAM SESSIONS

Jams con músicos participantes no festival e da Fisterra House Band. 

Venres 15 01.30 no Boulevard Lounge

Sábado 16 01.00  no Boulevard Lounge

Domingo 17 15.00 Jam & food & blues no Semáforo de Fisterra (O Faro)

OBRADOIRO DE BAILE BLUES

Sábado 16 17.00 na Explanada do peirao

Moita xente non sabe que o blues tamén se baila. Aínda que o blues pódese bailar tamén individualmente, o taller centrarase no baile por parellas, no que os asistentes aprenderán algúns dos movementos básicos, centrados especialmente na musicalidade, abrindo unha porta á improvisación, tan típica deste baile, para despois poder bailar coas bandas que tocarán no Fisterra Blues Experience. Para asistir ao taller non é necesario vir en parella. A cargo de Messaround Fisterra.

INTERVENCIÓN FOTOGRÁFICA

Exposición fotográfica do artista David Creus Andrade (Nonouedicións 2018) na Praza da Cerca. Titúlase “Cousas que achegar ao blues” e, en definición do autor, “coma a música, os sons e os ritmos as crebas ‘acaen’ arriban ao ollo do cazador nese mar de horizonte ao vento, a eses areais indómitos onde pacen as gaivotas e se constrúe unha nova paisaxe do posible que permite os fragmentos, as historias, os ecos. Blues Satén”.

ORGANIZA:

PATROCINA:

APOIA:

COLABORA:

VIÑOS OFICIAIS DO FISTERRA BLUES

Vía Romana (mencía da D.O. Ribeira Sacra)

Mil Ríos (godello da D.O. Valdeorras)

ESTABLECEMENTOS QUE COLABORARON NESTA EDICIÓN:

Axencia Brigantia · Boulevard Lounge · Lecer  · Anduriña · Restaurante O Peirao · Maruxía · A Cantina · Old Captain · Pirata · Arco da Vella · As Baleas · Miramar · La Bayonnaise · Etel & Pan · Alara · Hotel Mariquito · Hotel PLaya Langosteira · Hotel Mar de Fóra · Hotel Cabo da Vila · Pensión Playa Sardiñeiro

© Fisterra Blues Experience 2018 · Política de privacidade e de cookies