BAKIN’ BLUES BAND [GAL]

Bakin’ Blues Big Band [sábado 1, 22.00h, Praza da Constitución]

A Bakin’ naceu en 2008 en Santiago de Compostela e consolidouse nos diferentes clubs da cidade até participar en festivais de toda a Península. Neste tempo a banda compartiu escena con músicos de blues e soul recoñecidos internacionalmente como Barbara Lynn, Bonney Fields, Little Mike & The Tornadoes ou Greg Izor.

A formación base de la Bakin’ é o quinteto integrado por: Javier Turnes (voz, guitarra); David “Tato” Vázquez (guitarra); David Prieto (baixo); Ale Casquero (piano) e Lucas Ferrández (batería). Eventualmente, como acontece neste festival, pode ser completada por: Emilio King Bee (harmónica) ou coa sección de ventos formada por Manu Paino, Martiño D. Mato e Olivier Cano.

Ten publicados dous EPs: Jumpin’ in a deep blue sea (2013) e It’s always party time at home (2014). Foron banda residente no DadoDadá Jazz Club e agora no FraggleRock, ambas na cidade que os viu nacer. O poderío desta formación estriba precisamente na potencia duns directos que colleitaron xa un público consolidado que goza escoitando esta enérxica mestura de blues de Chicago, rumba, soul e boogiewoogie.

ORGANIZA:

COLABORAN:

© Fisterra Blues Experience 2017 · Política de privacidade e de cookies