CARLA GREEN & THE DEMONS [GAL]

Carla Green & The Demons fórmase en Santiago de Compostela na primavera do 2017 coa intención de levar aos escenarios o mellor soul dos anos 60 e 70. Conta cun repertorio baseado en clásicos de artistas como Etta James, Otis Redding, Wilson Pickett… En definitiva, a época dourada de selos como Chess, Stax ou Atlantic Records.

A pesar de ser unha banda de recente formación, está composta por músicos cunha dilatada traxectoria musical dentro de estilos como o blues, o swing ou o jazz. Á fronte da guitarra atópase David Tato (Bakin’ Blues Band); ao baixo, Fran Sanz (Bakin’ Blues Band); ao saxo tenor e barítono, Martiño Mato (Banda de Música de Bandeira); ao trombón, José Luis Miranda (Garufa Blue Devils Big Band); á batería, Lar Legido (Sumrrá); por último, á voz, Carla Green. 

Xa participaron no prestixioso ciclo Outono Códax Festival e nas Festas da Ascensión en Santiago de Compostela, ademais doutros festivais como o Armadiña Rock. 

Corey Harris naceu en 1969 en Denver e comezou a tocar a guitarra aos 12 anos. Obsesionado pola historia e a autenticidade do Blues do Delta, convértese de seguido nun dos máis aclamados músicos de blues contemporáneos, conseguindo un contrato con Alligator, con quen grava o seu primeiro álbum, no que mostra a súa mestría nas varacións do blues de raíz, liderando con Keb’Mo’ e Alvin Youngblood Hard o revival do blues acústico tradicional nos anos 90.

Logo viaxa a Camerún, onde se gradúa en linguas africanas, e aproveita eses anos para entrar na música afraicana e nos seus complexos polirritmos.

Harris é un músico inquedo que explora desde as raíces africanas aos sons de Nova Orleáns, do Caribe, Xamaica… o que o leva a realizar discos moi diferentes a partir destas influencias.

Ademais dos seus propios proxectos, ten participado con Wilco, Billy Bragg e Woodie Guthrie no disco “Hoodoo Voodoo”, con Ali Farka Touré en “Mississipi to Mali” e no disco “Johnny’s Blues”, un tributo a Johnny Cash, alén de colaborar con B. B. King ou Tracy Chapman. Tamén protagonizou un episodio dirixido por Martin Scorsese da miniserie “The Blues”.

Grazas á súa variedade de influencias desde a raíz do blues ata a súa fusión con outros ritmos e sons, Harris labrouse unha sólida reputación como un dos músicos máis importantes de blues da actualidade, tanto entre os máis puristas como entre os máis aperturistas. 

ORGANIZA:

PATROCINA:

APOIA:

COLABORA:

VIÑOS OFICIAIS DO FISTERRA BLUES

Vía Romana (mencía da D.O. Ribeira Sacra)

Mil Ríos (godello da D.O. Valdeorras)

ESTABLECEMENTOS QUE COLABORARON NESTA EDICIÓN:

Axencia Brigantia · Boulevard Lounge · Lecer  · Anduriña · Restaurante O Peirao · Maruxía · A Cantina · Old Captain · Pirata · Arco da Vella · As Baleas · Miramar · La Bayonnaise · Etel & Pan · Alara · Hotel Mariquito · Hotel PLaya Langosteira · Hotel Mar de Fóra · Hotel Cabo da Vila · Pensión Playa Sardiñeiro

© Fisterra Blues Experience 2018 · Política de privacidade e de cookies