CHRIS KRAMER & BEATX’N’BLUES [ALE]

Este innovador trío está consagrado a dar un impulso á evolución deste venerable estilo musical clásico, o Blues. A atrevida idea de cruzar a formación con dúas guitarras, voz e harmónica cun elemento doutro estilo, o Beatbox, é fascinante, como directo, fai que o público quede abraiado e flipando. Os tres musicos son mestres no seu propio instrumento, os cales coa concatenación de solos de guitarra, harmónica e o inusual Beatbox, cativan á audiencia, conseguen que entren no groove e que sempre queiran máis.

O cantante e mestre da harmónica Chris Kramer é coñecido por ser un talentoso narrador, pero tamén alguén que sabe ir alén das letras e como facer chegar a mensaxe máis aló das palabras: os temas instrumentais sempre son unha parte memorable dos seus directos. Kramer relaciona os seus temas cos soños, e convida o público a soñaren xuntos. Coa súa voz grave e os poderosos ritmos que emiten Kevin O Neal e Sean Athens, Chris Kramer remove aos espectadores, como un potente barco de vapor remove as augas do Mississipi.

Algunhas veces tradicionalmente blueseiros, outras orientados ao funky e ao groove, cun son ás veces cru, rockeiro e eléctrico, e outras suave, acústico e cheo de sentimento… Este trío está formado por verdadeiros artesáns da música. E debido á súa infinita paixón por tocar, que guía os seus directos, o espectáculo está garantido. 

Bo

por Chris Kramer & Beatbox'N'Blues

Came to the city

por Chris Kramer & Beatbox'N'Blues

ORGANIZA:

PATROCINA:

APOIA:

COLABORA:

VIÑOS OFICIAIS DO FISTERRA BLUES

Vía Romana (mencía da D.O. Ribeira Sacra)

Mil Ríos (godello da D.O. Valdeorras)

ESTABLECEMENTOS QUE COLABORARON NESTA EDICIÓN:

Axencia Brigantia · Boulevard Lounge · Lecer  · Anduriña · Restaurante O Peirao · Maruxía · A Cantina · Old Captain · Pirata · Arco da Vella · As Baleas · Miramar · La Bayonnaise · Etel & Pan · Alara · Hotel Mariquito · Hotel PLaya Langosteira · Hotel Mar de Fóra · Hotel Cabo da Vila · Pensión Playa Sardiñeiro

© Fisterra Blues Experience 2018 · Política de privacidade e de cookies