Fisterra Blues Experience

«Non somos a fin da terra, somos o centro do mar»

Un festival que é máis que un festival. É unha experiencia que nos trae o son do Atlántico, o blues. Fisterra é a fin da terra, a fin do camiño, o encontro coa inmensidade do océano. Un lugar onde se sinte doutra maneira, o lugar perfecto para o blues.

Agora máis que nunca, precisamos do benestar e da búsqueda dunha renovación que nos libere e nos faga presente a fraternidade, os vínculos coa comunidade, a terra e o mar, para alonxar por un tempo as hostilidades do mundo.

Experiencias transformativas, interxeracionais, xeradoras de sentido e curativas na fin do mundo, antes de que o outono chegue. 

PROGRAMA FiBE 2021

Sábado 18

(Campo de fútbol Ara Solis)

entrada a partir das 19:30h

20:30h Marcos Coll Blues Reunion

feat. Will Jacobs, Dorrey Lyles, Javier Vacas & Julian Vaughn

21:30h SÉS

22:50h Los Enemigos

 

coa ambientación de Dj Mil

Domingo 19

 

con saída ás 11:30h

Blues a bordo: Fisterra House Band (a cargo de Cruceros Fisterra)

dende as 13:30h

Conexións Atlánticas: Jam no Faro (o Semáforo de Fisterra)

RECOMPILACIÓN

Fi(sterra) B(lues) E(xperience)

Disfruta da música de tódalas artistas que pasaron

polo FiBE ao longo das súas catro edicións e vai

collendo ritmo para este ano!

PATROCINA:

 

PRODUCE:

 

COLABORA:

© Fisterra Blues Experience 2021 · Todos os dereitos reservados