LAZY LESTER [USA]& LAZY BOOTS [ES]

Lenda vivinte do blues [sábado 1, 23.30h, Praza da Constitución]

Leslie Johnson, coñecido como Lazy Lester, naceu en Los Angeles en 1933, aínda que medrou en Baton Rouge (Louisiana). Convertiuse en profesional nos anos 50, e as súas primeiras influencias apuntan a Jimmy Reed e Little Walter. Descubriuno o lexendario J.D. Miller, quen percibiu as habilidades de Johnson na guitarra e na batería, así como a súa despreocupada personalidade, que o levou a bautizaro co pseudónimo de Lazy Lester… Así nacía a lenda.

Como harmonicista e vocalista, Lester foi fortemente influenciado por Jimmy Reed e Little Walter. Os seus crocantes e articulados riffs danlle un toque de distinción ao seu pastoso xeito de cantar.  Cando Miller lle deu a oportunidade de gravar como líder dunha banda, Lester produciu unha serie de clásicos de swamp blues  (blues do pantano) que pegaron duro nas sureñas radiodifusoras de R&B. O seu primeiro sinxelo exitoso foi  “I’m a Lover not a Fighter”, que foi versionado por The Kinks.

A estrafalaria e desinhibida personalidade de Lester valeulle sobrenomes como “Tesouro Nacional” e “Alto Alguacil de Luisiana”. Como unha das figuras claves do swamp blues de Luisiana nos a os 50, Lester foi frecuentemente imitado pero nunca duplicado. Os seus fans arredor do mundo seguen a abarrotar os seus concertos e cargando consigo toda clase de memorabilia para pedirlle un autógrafo a esta lenda vivinte do blues.

Lenda vivinte do blues

Nas décadas seguintes as audiencias de R&B cambiaron e Lazy Lester non emerxeu do seu retiro musical ata 1987 realizando unha xira por Inglaterra. Hoxe é unha lenda viva do blues que sigue cautivando públicos que aprezan o seu inconfundible estilo, enclavado na época de ouro do blues do pantano.

Lenda vivinte do blues, autor de clásicos de swamp blues  (blues do pantano) que foron versionados por grandes grupos como The Kinks, é toda unha experiencia velo nos seus directos, onde segue a congregar fans de todo o mundo, co seu inconfundible estilo.

En España xira coa banda Lazy Boots, formada por Álvaro Bouso (guitarra), César Crespo (guitarra), Carlos Arsuaga (batería) e Emilio Arsuaga (harmónica).

ORGANIZA:

COLABORAN:

© Fisterra Blues Experience 2017 · Política de privacidade e de cookies