MARCOS COLL [GAL]

feat. Emiliano Juárez

Marcos Coll (Madrid, 1976) é un dos grandes do blues galego. Viviu en Compostela desde a infancia onde comezou a tocar a harmónica grazas ao seu tío tamén músico, e influenciado polo lendario harmonicista español Ñaco Goñi. Despois de formar varias bandas amateurs como Rede Blues Band en 95 forma a súa primeira banda profesional chamada Blue Rags. En 1999 regresa a Madrid para pasar a formar parte da banda de blues máis antiga e coñecida do país, a Tonky Blues Band. Con esta banda aos 21 anos tivo a oportunidade de xirar e gravar con lendas do blues e o rock como Mick Taylor (guitarrista de Rolling Stones) ou Buddy Miles (baterista de Jimmy Hendrix Band of Gipsys) e mesmo fixo un concerto de blues con Tom Jones. Despois de todas esas experiencias e aprendizaxe, xunto con Adrián Costa decide formar Los Reyes del KO, que pronto se converteu nunha das grandes referencias do blues en Europa, gañando todo tipo de premios e recoñecementos e chegando mesmo a aparecer nos libros de música de educación secundaria de Galicia. Coa devandita banda comparten escenario por todo o mundo con grandes da música como Buddy Guy, Chuck Berry, Johnny Winter, Robert Cray, John Mayall, Solomon Burke, The Animals ou os Fabulous Thunderbirds.

En 2004 trasládase a vivir a Berlín onde pronto é introducido na escena musical por coñecidos músicos de blues como Chris Rannenberg ou Micha Maass.

Hoxe en día a parte de tocar como Marcos Coll Blues Jarana, traballa a miúdo co lendario Guitar Crusher ou co seu proxecto de música latina Los Mighty Calacas cos que actualmente xira por todo o mundo presentando o seu álbum de debut con artistas convidados como Charlie Musselwhite, entre outros.

A parte da súa discografía con Los Reyes del Ko, Los Mighty Calacas e moitas colaboracións, cabe destacar o seu álbum dobre Marcos Coll «Under the wings» un álbum totalmente ecléctico onde se xuntan o blues máis arcaico co funk, a música latina ou o hip hop e onde repasa unha traxectoria de 20 anos e que inclúe colaboracións de músicos cos que traballou nese tempo como Buddy Miles, Mick Taylor, Aron Burton e un longo etc.

Desde setembro de 2014 organiza a coñecida Jam Session semanal: Monday Jelly Roll Session no famoso White Trash de Berlin, presentando grandes artistas do a música blues. En 2016 editou o disco ‘Street Preachin’ a dúo co guitarrista e cantante italiano Stefano Ronchi, e que é unha mestura de blues rural con ritmos máis modernos como o hiphop.

ORGANIZA:

APOIA:

PATROCINA:

COLABORAN:

VIÑOS OFICIAIS:

ESTABLECEMENTOS COLABORADORES:

Lecer · Anduriña · O Peirao · La Bayonaisse · O Pirata · Arco da Vella · As Baleas · Etel & Pan · Alara · Pub Boulevard · Asador Criollo Los Argentinos · Hotel Mariquito · Hotel Bela Fisterra · Hotel Cabo Finisterre · Hotel Playa Langosteira