Un 20 de maio de 1925 un vapor que cargaba 225 toneladas de aceite de balea rompía amarras polo temporal e remataba afundíndose na Ría de Corcubión. Chamábase ***BLUS*** e non viña do delta do Mississippi, non. Viña de Noruega e tivo unha chea de sorte: non houbo vítimas e o barco medio se salvou, pero quedou como pontón carboeiro na ría.

Agora recuperamos o BLUS para darlle nome a esta chapa coa que podedes apoiar este festival. O Fisterra Blues segue a ser un evento de balde (agás os concertos en barco), mais os que leven o BLUS, ademais de comprometérense coa sostibilidade do festival, terán importantes vantaxes, como entrar en sorteos para conseguir unha Harmónica Seydel (modelo C.A. Seydel Sohne). 

Podes facerte cun BLUS no propio festival ou mercándoo online en Eventbrite ou Ticketea:

www.FISTERRABLUES2019.eventbrite.es

ORGANIZA:

APOIA:

PATROCINA:

COLABORAN:

VIÑOS OFICIAIS:

 

ESTABLECEMENTOS COLABORADORES:

Lecer · Anduriña · O Peirao · La Bayonaisse · O Pirata · Arco da Vella · As Baleas · Etel & Pan · Alara · Pub Boulevard · Asador Criollo Los Argentinos · Hotel Mariquito · Hotel Bela Fisterra · Hotel Cabo Finisterre · Hotel Playa Langosteira