OBRADOIROS:

Obradoiro didáctico para nenos/as [sábado 1, 17h]

Inclúe:

ContaBlues: Pequeno contacontos para introducir o nacemento do Blues e a súa evolución a través dunha pequena historia onde as crianzas poidan interaccionar e participar ao longo dela.

Actividades musicais de introducción ao blues: creacións rítmicas básicas, experimentación cos instrumentos, realización dunha canción sinxela conxunta…

Taller de creación dun instrumento. O Kazú.

Clase aberta de Baile Blues impartida por Swing On School [sábado 1, 18.30h]

O blues é un estilo musical cunha enorme cantidade de adeptos en todo o mundo, pero o que moita xente non sabe é que o blues tamén se baila. Aínda que o blues pódese bailar tamén individualmente, o taller centrarase no baile por parellas, no que os asistentes aprenderán algúns dos movementos básicos, centrados especialmente na musicalidade, abrindo unha porta á improvisación, tan típica deste baile, para despois poder bailar coas bandas que tocarán no Fisterra Blues Experience. Para asistir ao taller non é necesario vir en parella.

ORGANIZA:

COLABORAN:

© Fisterra Blues Experience 2017 · Política de privacidade e de cookies