ROCKIN’ JOHNNY BURGIN [USA]

Rockin’ Johnny Burgin é un dos guitarristas e cantantes de Blues de Chicago con maior recoñecemento na actualidade. Desde as súas orixes con Tail Dragger nos 90, Johnny converteuse nunha superfigura do Blues en EEUU e en Europa.

Formado nos conceptos básicos de como tocar blues canda unha figura como Jimmie Le Robinson, actuou coa flor e nata dos bluesmen de Chicago. The Rockin’ Johnny Band foi unha das bandas máis activas e con máis prestixio no Chicago dos anos 90. Abandonou o circuíto durante case unha década, e en 2009 regresou para seguir explotando o seu talento. Con sete álbums no seu haber, e gravacións con Jimmy Burns, Golden Big Wheeler, Little Arthur Duncan, Eddie Taylor Jr., Shirley Johnson e os citados Jimmie Le e Tail Dragger, chega a Fisterra Rockin’ Johnny e o seu refinado blues, que mantén viva a tradición de Chicago. Un show de blues imprescindible a cargo dun dos seus máximos expoñentes.

Johnny estará acompañado por Quique Gómez Band, banda do harmonicista e cantante madrileño Quique Gómez co que actualmente, Johnny està presentando o seu novo traballo ‘Dos Hombres!’, disco gravado o ano pasado en Austin, Texas, editado polo prestixioso selo Vizztone en febreiro deste ano e que xa foi presentado con shows en California, Chicago, Milwaukee…

ORGANIZA:

APOIA:

PATROCINA:

COLABORAN:

VIÑOS OFICIAIS:

ESTABLECEMENTOS COLABORADORES:

Lecer · Anduriña · O Peirao · La Bayonaisse · O Pirata · Arco da Vella · As Baleas · Etel & Pan · Alara · Pub Boulevard · Asador Criollo Los Argentinos · Hotel Mariquito · Hotel Bela Fisterra · Hotel Cabo Finisterre · Hotel Playa Langosteira