THE LÁKAZANS [GAL]

The Lákazans regresan para quedarse. Dous anos tardaron en entrar de novo no estudio para plasmar o seu terceiro traballo discográfico que non fai máis que consolidar o seu talento compositivo. En ‘Sandwina’ Sabela King, Benja Vázquez e Almudena Gómez volven tomar as rendas das melodías e as letras nun disco co máis puro son característico da banda, que abre o seu espectro blues aínda máis á música americana. Sandwina é un disco de intencións, capitaneado pola muller máis forte do mundo. Nel, preténdese debuxar ao redor da figura de Kate Brumbwach, unha vienesa do século XIX dedicada ao mundo do circo, a importancia do empoderamento real da muller. É a muller a que compón todas as letras de ‘Sandwina’ e a que leva o fío narrativo do disco, confrontando sentimentos de dor e adversidade con afouteza e poder. É a muller, por partida dobre, quen lidera a banda e quen lle outorga o seu rasgo distintivo e é por isto que chegou Sandwina e ocupou a súa portada dun xeito natural.

Gravado en Pouland Studios, baixo a atenta mirada de Iago Pico que co-produciu este disco xunto con Fran Velo e Benjamín Vázquez, Sandwina é un compendio de 12 temas que non se deixan arrolar no acomodamento da fórmula de éxito que xa manexaba a banda. Aí podemos atopar temas valentes e arriscados como o maxistral ‘300 pounds of legend’ que abre o disco sen contemplacións e remata cunha improvisación xurdida na propia gravación que deixa un testemuño vital para a historia do noso blues máis recente. 

ORGANIZA:

PATROCINA:

APOIA:

COLABORA:

VIÑOS OFICIAIS DO FISTERRA BLUES

Vía Romana (mencía da D.O. Ribeira Sacra)

Mil Ríos (godello da D.O. Valdeorras)

ESTABLECEMENTOS QUE COLABORARON NESTA EDICIÓN:

Axencia Brigantia · Boulevard Lounge · Lecer  · Anduriña · Restaurante O Peirao · Maruxía · A Cantina · Old Captain · Pirata · Arco da Vella · As Baleas · Miramar · La Bayonnaise · Etel & Pan · Alara · Hotel Mariquito · Hotel PLaya Langosteira · Hotel Mar de Fóra · Hotel Cabo da Vila · Pensión Playa Sardiñeiro

© Fisterra Blues Experience 2018 · Política de privacidade e de cookies