THE SOUL JACKET [GAL]

Moitos anos e algúns cambios de formación sucedéronse desde que seis músicos a medio camiño entre Vigo e Nigrán (Pontevedra) xuntáronse nun soto alá por 2004 para tocar un feixe de cancións inspiradas polo son do rock&roll americano e británico de principios dos 70. Actualmente a banda fórmana: Jorge Mizer e Guillermo Gagliardi ás guitarras, Jann Zerega ao baixo Fender, Xabier Vieitez ás teclas, Mauro Comesaña á batería e Toño López á voz principal.

Despois de gravar algúns demos que os levaron aos podios de numerosos concursos e situou o seu nome xunto ao de grandes referentes do soul e rock & roll internacional, en 2012 viaxan até os estudos Guitartown de Hendrik Röver (Los Deltonos) para gravar o seu aclamado primeiro álbum: ‘Wood Mama’. Durante a extensa xira de presentación deste álbum, aínda conseguiron reunir tempo para publicar o EP ‘Gunpowder Valley’ (2013).

En 2014 publican un dobre LP ao que titulan ‘Black Cotton Limited’. Con este novo disco despregan un amplo imaxinario de Rhythm & Blues pegañento, con longas pasaxes instrumentais, complexas harmonías vocais e mesmo cantigas de taberna mariñeira para cantar de viva voz.

Despois de dous anos de xira exhaustiva, a banda tómase un descanso para gravar outra peza de música artesanal, o EP de catro temas ‘Soul BBQ’ (2016): Funk, Soul sureño acústico e ecos afro-latinos’. E ao ano seguinte a banda viaxa unha vez máis até os Guitartown Recording Studios para gravar o seu terceiro álbum, (‘Untitled/Volume III’, 2017), que vai desde o blues lisérxico dos Fleetwood Mac da era Peter Green á melodía dos anos dourados do Laurel Canyon californiano, os vastos territorios dos pioneiros do Country Rock ou a melancolía das Basement Tapes de Bob Dylan & The Band.

‘Plastic Jail’ (autoeditado, 2018) é o novo álbum da banda, gravado nos estudos Radar de Vigo, coa que alcanzan a plena madurez, pero sorprendentemente fano reinventando desa fórmula inimitable de Rhythm & Blues, Rock & Roll e Southern Soul co que xa sorprenderon a crítica e público no seu aclamado debut de 2011. Unha volta á esencia máis pura e á vez un paso de xigantes.

Moitos anos e algúns cambios de formación sucedéronse desde que seis músicos a medio camiño entre Vigo e Nigrán (Pontevedra) xuntáronse nun soto alá po 2004 para tocar un feixe de cancións inspiradas polo son do rock&roll americano e británico de principios dos 70. Actualmente a banda fórmana: Jorge Mizer e Guillermo Gagliardi ás guitarras, Jann Zerega ao baixo Fender, Xabier Vieitez ás teclas, Mauro Comesaña á batería e Toño López á voz principal.

Despois de gravar algúns demos que os levaron aos podios de numerosos concursos e situou o seu nome xunto ao de grandes referentes do soul e rock & roll internacional, en 2012 viaxan até os estudos Guitartown de Hendrik Röver (Los Deltonos) para gravar o seu aclamado primeiro álbum: ‘Wood Mama’. Durante a extensa xira de presentación deste álbum, aínda conseguiron reunir tempo para publicar o EP ‘Gunpowder Valley’ (2013).

En 2014 publican un dobre LP ao que titulan ‘Black Cotton Limited’. Con este novo disco despregan un amplo imaxinario de Rhythm & Blues pegañento, con longas pasaxes instrumentais, complexas harmonías vocais e mesmo cantigas de taberna mariñeira para cantar de viva voz.

Despois de dous anos de xira exhaustiva, a banda tómase un descanso para gravar outra peza de música artesanal, o EP de catro temas ‘Soul BBQ’ (2016): Funk, Soul sureño acústico e ecos afro-latinos’. E ao ano seguinte a banda viaxa unha vez máis até os Guitartown Recording Studios para gravar o seu terceiro álbum, (‘Untitled/Volume III’, 2017), que vai desde o blues lisérxico dos Fleetwood Mac da era Peter Green á melodía dos anos dourados do Laurel Canyon californiano, os vastos territorios dos pioneiros do Country Rock ou a melancolía das Basement Tapes de Bob Dylan & The Band.

‘Plastic Jail’ (autoeditado, 2018) é o novo álbum da banda, gravado nos estudos Radar de Vigo, coa que alcanzan a plena madurez, pero sorprendentemente fano reinventando desa fórmula inimitable de Rhythm & Blues, Rock & Roll e Southern Soul co que xa sorprenderon a crítica e público no seu aclamado debut de 2011. Unha volta á esencia máis pura e á vez un paso de xigantes.

ORGANIZA:

APOIA:

PATROCINA:

COLABORAN:

VIÑOS OFICIAIS:

ESTABLECEMENTOS COLABORADORES:

Lecer · Anduriña · O Peirao · La Bayonaisse · O Pirata · Arco da Vella · As Baleas · Etel & Pan · Alara · Pub Boulevard · Asador Criollo Los Argentinos · Hotel Mariquito · Hotel Bela Fisterra · Hotel Cabo Finisterre · Hotel Playa Langosteira