WAX & BOOGIE [CAT]

Nos últimos anos Wax & Boogie convertéronse nun dos mellores e máis valorados formatos do panorama do blues, do rhythm and blues e do boogie woogie. Ster Wax e David Giorcelli souberon captar como poucos o verdadeiro espírito da música tradicional do pobo Afroamericano para transformalo no seu propio medio de expresión. O seu coñecemento da linguaxe da música negra é amplo, rico e variado. Ster e David deslízanse con serenidade e aplomo polas correntes máis variadas do xénero. Shuffles, boogie woogie, rock’n’roll, swing ou jumps forman parte do seu repertorio habitual, sen esquecer os intensos e cálidos ‘slow down’. Neles podemos apreciar a forza e o feeling que, tanto David ao piano e Ster á voz, como o resto dos músicos que os acompañan, imprimen a esta modalidade de blues que os negros do ‘south side’ desenvolveron en Chicago hai xa algúns decenios.

Voz – Ster Wax

Piano – David Giorcelli 

Contrabaixo – Oriol Fontanals 

Batería – Reginald Vilardell 

 

ORGANIZA:

PATROCINA:

APOIA:

COLABORA:

VIÑOS OFICIAIS DO FISTERRA BLUES

Vía Romana (mencía da D.O. Ribeira Sacra)

Mil Ríos (godello da D.O. Valdeorras)

ESTABLECEMENTOS QUE COLABORARON NESTA EDICIÓN:

Axencia Brigantia · Boulevard Lounge · Lecer  · Anduriña · Restaurante O Peirao · Maruxía · A Cantina · Old Captain · Pirata · Arco da Vella · As Baleas · Miramar · La Bayonnaise · Etel & Pan · Alara · Hotel Mariquito · Hotel PLaya Langosteira · Hotel Mar de Fóra · Hotel Cabo da Vila · Pensión Playa Sardiñeiro

© Fisterra Blues Experience 2018 · Política de privacidade e de cookies