MARCOS COLL BLUES REUNION feat.

Will Jacobs, Dorrey Lyles, Javier Vacas

& Julian Vaughn [GAL-ESP-USA]

Marcos Coll é un dos grandes do blues galego. Viviu en Compostela desde a infancia, onde comezou a tocar a harmónica grazas ao seu tío tamén músico, e influenciado polo lendario harmonicista español Ñaco Goñi. No seu longo percorrido, formou parte da Tonky Blues Band e do mítico dúo Los Reyes del K.O., xunto a Adrián Costa. Nesta ocasión, acompáñanos cun elenco conformado por grandes músicos: o americano Julian Vaughn á batería, o guitarrista de blues Will Jacobs, directo dende Chigaco, o baixista Javier Vacas, integrante de grupos coma Sex Museum ou Los Coronas, e a voz de Dorrey Lyles, cantante norteamericana que combina á perfección unha mistura de gospel, jazz, soul e blues.